lunes, 13 de febrero de 2017

ROMÁNICO: ACTIVIDADES


 O ROMÁNICO: ACTIVIDADES



Despois de ver o vídeos e ler a información do libro contesta

1-. Indica os elementos máis cracterístico da arquitectura románica
3-. A arquitectura
  • Por que cubrían as igrexas con bóvedas de canón? Que problema podía ter este tipo de cuberta
  • Por que os muros das igrexas románicas eran grosos e con contrafortes
  • Como eran as ventás dos edificios románico? Por que? Como sería o interior?
  • Como eran as plantas máis habituais? Por que?
  • Para que podería servir o deambulatorio?

4-. Sinala as cinco características máis destacadas da escultura románica

5-. Por que dicimos que a escultura románica tiña unha finalidade  educativa e relixiosa

6-. Fíxate na imaxe. Indica que caracteríticas da escultura románica podes observar



8-. Que tipos de pintura atopamos no románico. En que se diferencia

        
         



domingo, 22 de marzo de 2015

CULTURAS PRECOLOMBIANAS

1-. LE A INFORMACIÓN DAS PÁXINAS 144-145 E CONTESTA A ESTAS PREGUNTAS (BUSCA INFORMACIÓN FORA DO LOBRO SE O NECESITAS)

1.1-.Indica en que paises actuais se desenvolveron as civilizacións Maias, Azteca e Inca e sinala as datas

1.2-. Cal das tres estaba en decadencia cando chegaron os Españois? Cal era a causa?

1.3-. Cal chegou a formar o maior imperio da América Precolombiana

1.4-. Os aztecas estaban en plena expansión cando chegaron os Españois. Que pasaba cos pobos vencidos? Cres que os españois terían dificultades para conseguir aliados contra os Aztecas?

1.5-. Indica dous elmentos comúns da organización social das tre civilizacións

1.6-. Cal era o cultivo máis extendido na América Precolombiana. Sinala outros cultivos comúns as tres civilizacións e algún que sexa particular dalguha delas

1.7-. Que medios de transporte utilizaban?

1.8-. Como eran as súas armas?

1.9-. Indica o aspecto que mais te chamou a atención de cada unha destas ciovilizacións e busca información sobre o mesmo fora do libro

2-. FAIS AS ACTIVIDADES DA PÁXINA 155
Podes  ver estes vídeos. Para ter mái información segue os enlaces
http://elgrantenochtitlan.blogspot.com.es/
http://revistea.com/historia/la-gran-ciudad-azteca-de-tenochtitlan/



miércoles, 28 de enero de 2015

LECTURAS DO ALUMNADO

TÍTULO: BOABDIL, O ÚLTIMO REI DE GRANADA
AUTOR: JORGA DEE BARNOLA
EDITORIAL ROMPECABEZAS, COLECCIÓN SABELOTODOS

Boabdil o anano, non era ningún anano, aínda que tivera ese nome, foi o último rei de Granada, polas malas influencias que recibiu por parte paterna e materna. O seu corazón foi de Moraima e, aínda que esta fora a súa muller e se quixeran, nunca puido vivir en paz con ela. Por outro lado os Reis Católicos ansiosos de conquistar Granada, o último territorio musulmán da península, fixéronlle firmar un pacto de paz pero por culpa de seu pai e das súas impertinencias, xa que abandonou a súa muller por una cristiá, a Boabdil quitáronlle os seus dous fillos. Desde o nacemento do protagonista os astrólogos lle atribuían desgrazas e así foi, deixou Granada en mans cristiás, na súa familia, a guerra era a protagonista e ademais quedouse viúvo e presenciou a morte dun dos seus fillos.
Esta é a historia de David contra Goliat pero esta vez con un fatal destino ….

Esta historia é moi interesante e recoméndoa a todas as persoas en xeral, pero sobre todo, as que lles guste a historia tanto como a min. Apréndense moitas cousas da historia de Al-Andalus e da vida desta civilización, xa sei de onde ven a frase ``llora como mujer lo que no supiste defender como hombre´´ ,díxollo súa nai, que cruel, se o pobre Boabdil so seguía as súas indicacións.....

IREA CALVO, 2º ESO A

miércoles, 14 de enero de 2015

LECTURAS DO ALUMNADO

TÍTULO: CRUZADA EN JEANS
AUTOR: THEA BECKMAN
EDITORIAL: SM

Este libro trata sobre un neno chamado Rudolf e vivía en Amsterdan. Rudolf cunha máquina do tempo foi a Idade Media. Pero só ía ter unha oportunidade de volver a súa época,e non o deu conseguido así que quedou na Idade Media e rescatou duns ladróns a outro neno que ía de viaxe que se chamaba Leonardo e entón fixéronse amigos.Logo pasaron por alí uns nenos que eran os cruzados e uníronse a eles. Os cruzados ían a Xerusalén para sacar aos sarracenos de alí.Como morrían moitos nenos Rudolf preguntoulle a María ,unha nena da cruzada,quen mandaba alí e díxolle que era Nicolás e dous frailes,Augustus e Anselmus. Rudolf díxolles que se tiñan que organizar e desde aquela morreron menos nenos.Despois foron pasando moitas aventuras pero eu só vou contar as que máis me gustaron. En Rottweil Rudolf conseguiu moedas da época e comprou pan para todos os nenos. Noutra cidade un conde secuestrou a moitos nenos e para salvalos fixéronse pasar por axudantes do demo. Logo os cruzados dirixíanse a Xénova e a Rudolf paareceulle extraño porque estaba moi lonxe de Xerusalén.Cando chegaron Augustus contoulle a Rudolf que os ían levar en naves para vendelos e que el non quería iso. Despois conseguiron que iso non pasara e algúns nenos volveron para as súas casas e outros quedaron en Xénova, o resto seguiron co viaxe a Xerusalén pero moitos xa quedaron polo camiño. Cerca da igrexa de san Nicolás encontraron unha caixa de aluminio e déronlla a Rudolf, era unha carta para volver ao futuro. O Bispo de Brindisi deulles unhas naves para ir a Venecia e Rudolf volveu para o futuro. A min este libro gustoume porque ten moitas aventuras, tamén ten suspense e explica cousas da Idade Media dunha forma interesante.

MÓNICA FILGUEIRAS 2º A