miércoles, 15 de octubre de 2014

AL-ANDALUS: SOCIEDADE E CULTURA


Despois de ver o vídeo e ler o apartado 03.3 e 03.4 do libro (pax50-51) contesta ás preguntas
  1. Que grupos musulmáns formaban a sociedade de Al-Andalus? Cal deles tiña unha mellor situación social? Cal cres que era o máis numeroso?
  2. Que grupos non musulmáns había?
  3. Como se chaman os cristiáns convertidos ó islam? Que vantaxes podía ter para un cristián converterse ó islam?
  4. Fíxate na información sobre a cidade: Que é a Medina? Que son os arrabaldes? Que é unha alcaicería?
  5. Resume as principais caracteríticas da economía en Al-andalus
  6. Indica algunha aportacións importantes do islam a economía e a cultura da Península Ibérica?



Framento de Memoria de España, seros de RTVE. Se queres ver o capítulo completo podes ir a páxina de RTVE (picha aquí). Non está mal para repasar o tema 6 e parte do 7 dun xeito diferente. seguro que agora o entendes mellor

2 comentarios:

  1. Hola Santiago son Jesús Roca de 2ºA
    Estas son as respostas aos cinco primeiros exercicios:

    1ºAl-Andalus significa"Ao que Deus garde"

    2ºA sociedade de Al-Andalus estaba formada por un grupo musulmán e outro non musulmán.Dentro do grupo musulmán o 1º grupo,e o mais importante,era a aristocracia que estaba formada por persoas de
    orixe árabe e por grandes propietarios.
    O 2º grupo era o intermedio,formado por:
    funcionarios,comerciantes,artesáns de gran obradoiro e por pequenos comerciantes.
    O 3º grupo eo mais numeroso era a masa popular
    formada por:pequenos comerciantes,artesáns
    de obradoiro pequeno e escravos.

    No grupo dos non musulmáns estaban os xudeus e
    os cristiáns.

    3ºXa o respondín na anterior pregunta os non
    musulmáns eran os xudeos e os cristiáns.

    4ºOs cristiáns reconvertidos ao islám chamabanselles moriscos ou muladís.A vantaxe
    de reconvertirse ao islám era que non
    pagaban impostos.

    5ºA maior parte dos habitantes de Al-Andalus
    falaban o morábare e os mais cultos a Moaxaja.

    Estas son as miñas respostas aos 5 primeiros exercicios.

    ResponderEliminar
  2. Ola Santi, son Eva de 2º A. Estas son as respostas aos exercicios:
    1->'Al Andalus' significa 'Al que Dios guarde'.
    2->Os grupos de musulmáns eran os árabes, sidios, muladís, bereberes e algúns procedentes de Magreb. O grupo que alcanzou o seu máximo esplendor durante o Califato foron os árabes. Os máis numerosos na península foron, no 715 os mozárabes, xa que había poucos que se pasaran ao islam, no 750 os bereberes, e no 850 os muladís, xa que moitos mozárabes se convertían ao islam para acadar unha mellor posición na sociedade ou para non pagar un imposto a maiores.
    3-> Os xudeus e os mozárabes(cristiáns que non se pasaron ao islam unha vez invadidos).
    4-> Denomínanse muladís. Ser muladí daquela daba moitas máis oportunidades ca ser mozárabe, xa que podían acadar un posto importante na sociedade, como ser cadí. Ademais, non tiñan que pagar un imposto a maiores, que só debían dar os mozárabes por non pertencer á mesma relixión.
    5-> A maioría da poboación falaba diversas linguas romances, dependendo do lugar, encambio a xente culta e formada falaba o árabe.
    6-> A medina é o lugar da cidade onde se atopan a alcaicería, a mesquita e onde viven os aristócratas. O resto da poboación vivía en barrios chamados arrabaldes, separados entre si etnicamente. Cada arrabalde tiña o seu propio zoco.
    Unha alcaicería era un grande almacén que servía para gardar as mercadorías máis importantes, como a seda, e tamén para hospedarse os viaxantes.
    7-> As vivendas comúns adoitaban ter un tamaño pequeno, unha soa planta e poucas estancias. Encambio as casas máis acomodadas podían ter dúas plantas e varias estancias. Na planta superior podían estar unicamente as mulleres e o home da casa. A planta baixa servía como recibidor para as visitas.
    Todas as casas tiñan escasas ventás de cara ao exterior, para evitar a entrada de calor e do bullicio da cidade. Para compensar, tiñan cara o interior un patio , normalmente cuberto para que de sombra, no que tamén había unha fonte para refrescarse.
    8-> O islam aportou economicamente innovacións como o regadío e trouxeron algúns novos cultivos, como o algodón, o índigo, o arroz, as alcahofas ou as berenxenas, así como unha artesanía de calidade. As cidades eran tamén centros comerciais moi activos.
    Culturalmente cambiaron a constitución das cidades e desevolveron o seu xeito de contruír, desorganizadas e con rúas estreitas. Tamén contruíron moitos baños(hamman), e desenvolveron ciencias como a medicina, a poesía, a astronomía e as matemáticas. Córdoba foi o centro cultural máis importante da época, e alí chegaban numerosos sabios traendo ata Europa os coñecementos do resto do mundo (como os números arábigos)
    9->Agricultura: conservamos as súas técnicas de regadío, os novos alimentos, o uso das moedas no comercio e a manufacturación.
    Lingua: máis de 4000 palabras actuais proceden do islam, como términos xurídicos (alcalde)ou palabras relacionadas coa agricultura(laranxa, limón).
    Toponimia: conservamos moitos topónimos árabes: Andalucía (Al-Andalus), Xibraltar(Yabul Tàriq), Pico Almanzor(capitán Almanzor) ou pico Mulhacén (Muley Hacén, antepenúltimo rey nazarí).
    10-> En case toda a península agás no norte, xa que foi o único territorio non gobernado polos árabes. Pero onde máis relevancia musulmá hai é no sur, xa que é onde máis tempo persistiron.

    ¡Un saúdo!

    ResponderEliminar